REGULAR
Benvido. Adiante!
Se pensabas que falar galego está cheo de vantaxes, estás no lugar axeitado. En Regular Animal apoiamos a nosa lingua.
Si, aquí en Miami tamén se fala galego, e se chegas a nós explicándonos o teu proxecto en galego, só por iso, tes un desconto.
→ Gústache a idea pero resulta que o teu proxecto é en inglés, chinés ou noutra lingua?
Non temas, mentres o teu briefing, instrucións, ou dirección, veñan en galego, serás recompensado.
→ Por que en galego?
Por amor, pola liberdade lingüística, porque todo soa mellor, porque fai que o Atlántico se estreite e nos sintamos máis preto, porque erosiona as barreiras culturais, porque o levas dentro, porque moitas veces te invitaron a vivir coma un galego (cando non poderías facelo doutro xeito) pero sen recompensa, porque a Alfonso X chamáballe “O Sabio” por algo, porque sabes falar galego, porque mereces que che falen en galego, porque che peta—e a nós, tamén.